
Boas! Xa, xa, case toda a web está en inglés… é que a cousa naceu así! 😅
Galicia Unveiled é un proxecto deseñado para o intercambio de experiencias e cultura entre Galiza e o mundo, sexa viaxando, estudando, etc. Noutras palabras, tentamos levar e explicar Galiza ao mundo e facer que o mundo quede fascinado con ela 🙂
Pero, escoitade, que o país tamén hai que coñecelo desde dentro, eh? 😉
Galicia Unveiled oferece unha gama única de variados servizos profesionais, desde a consultoría cultural a visitas turísticas guiadas ou o ensino de línguas.
Galicia Unveiled foi fundada e está dirixida por Xoán, xeógrafo multilingüe e guía turístico oficial.
Esta aventura comezou inicialmente en Maio de 2016 e foi renovada en Decembro de 2020, no formato que podes ver agora.
E ben, non fai falta dicir que isto é un negocio totalmente familiar; se procuras o toque “local” e persoal, o toque “local” e persoal has encontrar 😀
Moi resumidamente, o que facemos é (ligazóns en inglés):
- Turismo: Visitas a pé na fermosa cidade de Pontevedra. Outras localizacións, servizos adicionais e organización de viaxes disponíbeis baixo demanda.
- Língua: Ensino do inglés como língua estranxeira (todos os niveis). Galego, portugués e castelán conversacional (todos os niveis). Tradución e interpretación desde/aos ditos idiomas (tamén desde o catalán). Edición, localización, revisión e corrección de textos.
- Cultura e Xeografía: Consultoría xeográfica e cultural. Introdución á Cultura Galega (nomeadamente através do inglés). Creación de contidos e servizos de redacción.
Queres ver algunhas das persoas e organizacións coas que traballamos?
Feito! 🌟 Desexo concedido! Clica aquí! 😀 (en inglés)
Non dubidedes en contactarnos para calquera cuestión. Estaremos felices de axudar!
Somos
– This page in English
– Esta página em português
– Esta página en español
PS. Este é un proxecto que conta co patrocinio cultural da Cátedra de Filoloxía Medieval (Depto. de Línguas, Literaturas e Culturas Modernas) da Universidade de Bolonia, Italia.